Entroido - Carnaval

Fiestas Carnavales
16 de Febrero a 1 de Marzo

O entroido é a festa máis emblemática do Concello de Viana do Bolo. A data de celebración varía dependendo da primeira lúa chea de primavera. Usando como base o día en que esta lúa chea aparece, o domingo anterior é o domingo de Ramos, e contando cuarenta días para atrás dende ese día de Ramos, chégase a data do mércores de Cinza. A partires de aquí quedan marcados tódolos días fortes do Entroido: Xoves de compadres, Xoves de comadres, Sábado de entroido, Domingo Gordo, luns e martes de entroido, para rematar o mércores de Cinza co Enterro da Sardiña. Hai varios elementos diferenciadores do noso Entroido, que fan que sexa único: os boteiros, os lardeiros, o folión, a mula, as disputas e ,como non, a fariña. Único e un dos máis ancestrais de Europa, como calificou, entre outros, Pío Baroja, discorre polas seguintes datas:

Días previos:

Aproximadamente un mes antes do xoves de compadres, pode escoitarse o folión percorrendo as rúas nas últimas horas da tarde.

Xoves de Compadres:

Marca o inicio do Entroido, celebrándose a dous xoves antes do Domingo Gordo. Neste día empezan as fariñadas, podendo botar soamente os homes as mulleres. Pola noite gran folionada e cea de Compadres, dándose lugar multitudes de ceas só de homes. Dende as primeiras horas do día colga dun mástil habilitado na Praza Maior, O Lardeiro, un meco que se encargaan de elaborar as mulleres da vila roubándolle prendas os homes. O Lardeiro agarda ata o seguinte xoves en espera de compaña.

Xoves de Comadres:

Chegado o xoves anterior o Domingo Gordo, a Lardeira colga a carón do Lardeiro, para disfrutar a plenitude do Entroido. Iste día as mulleres enfariñan os homes, tocan o folión e os restaurantes da vila están repletos, porque elas, celebran o seu día.

Sábado de Entroido:

A noite previa ao Domingo Gordo é unha das noites máis esperadas. Nesta noite visítanos múltiples folións dos arredores e moitos visitantes con ganas de desifrutar do entroido. Dende as últimas horas da tarde centos de bombos e aixadas marcan os ritmos para dar comezo a gran fariñada que durará ata altas horas da madrugada, tendo como corazón a Praza Maior a cal remata cuberta dunha boa capa de fariña.

Domingo Gordo:

Día da festa grande. Dende 1.970, tamén é a celebración da Festa da Androlla, verdadeiro referente da gastronomía vianesa, onde máis de 3.000 persoas degustan o noso particular manxar. Un pasarrúas a cargo da Banda de Gaitas do Concello, lémbralle ós vianeses que a festa empeza: os folións de toda a comarca - e mais os seus boteiros- xunto coas carrozas, desfilan por toda a vila, para o rematar, ensalzar os praceres culinarios que nos esperan.

Luns de Entroido:

Este día adícase os máis cativos, no que desfila un folión composto por nenos e nenas, xogos tradicionais na Praza Maior.

Martes de entroido:

Con sabor a despedida comeza, xa de mañá, a soar o fulión nun dos días mais esperados. A xornada comeza co desfile dos fulións, e tras unha festiva comida, continúase a percorrer a vila. Apúranse os golpes xa que as 12 da noite toda a vila se reúne na Praza Maior, tocando o fulión con tódalas forzas posibles cunha clara motivación: exactamente a medianote, os lardeiros que estiveron cotemplando o entroido dende o seu trono no alto da Paza Maoir arderán marcando o final do entroido. Unha atmósfera máxica envolve a vila mentres son consumidos polas laparadas, a súa vez, tamén arden os bombos e as aixadas, achuchando os últimos intres de fariñada e folión. Unha vez convertidos os lardeiros en cinzas, enmudecen os fulións e deixa de correr a fariña. Con un sentimento agridulce despídese o fulión ata o vinderido ano, e dase comezo a unha gran verbena onde terá lugar o concurso de disfraces.

Página web »


Fiesta introducida por:
Ayuntamiento

Comentarios sobre esta fiesta:




 

AVISO IMPORTANTE
La información de esta página es orientativa ya que nos es imposible contrastar los datos de todas las fiestas que recibimos. En caso de querer asistir a alguna fiesta recomendamos confirmar las fechas en la página web del ayuntamiento.
Inicio | Fiestas por fecha| Fiestas por población| Zona de Ayuntamientos| Zona de Negocios| Contacto | Aviso legal
© 2014 Portal Fiestas