Semana Santa

Fiestas Religiosas
22 de Marzo a 2 de Abril

Semana Santa - O Cristo

As festas do Santo Cristo, celébranse durante a Semana Santa.

As diversas escenificacións da Pasión de Cristo fanse o Xoves e Venres Santo e son seguidas por miles de romeiros nas inmediacións da Igrexa de Santa María das Areas.

O día principal é Domingo de Resurrección, cando, trala representación, se baila a danza dos paos unha interesante manifestación artística que ten a súa orixe no S. XVII.


Actos de Semana Santa

VENRES DAS DOLORES

Misa, Novena e Procesión das Dolores polo pobo.

DOMINGO DE RAMOS
Bendición dos Ramos, procesión e Santa Misa.

XOVES SANTO
Representación vivinte da última cea e lavatorio de pés. Este acto cheo de simbolismo é recreado dende antaño por mariñeiros da localidade e constitúe unha das cerimonias máis entrañables da Semana Santa.

VENRES SANTO
Solemne acto do Santo Encontro na praza. As imaxes de Xesús o Nazareno, a Virxe das Dolores, San Xoán, a Verónica, Simón o Cireneo, mistúranse con personaxes vivintes recreando un Via Crucis característico que conclúe na Igrexa Parroquial coa representación do calvario. Caída a tarde na igrexa parroquial celébrase a liturxia do día e a continuación o acto do Desencravo, que dará lugar á procesión do Santo Enterro considerada unha das máis tradicionais de Galicia.

DOMINGO DE RESURRECCIÓN
Escenificacións con persoaxes vivintes do que puido ser un antiquísimo auto sacramental que narra en verso a chegada das desconsoladas mulleres ao sepulcro e do seu encontro co anxo que lles anuncia a Resurrección do Señor en forma de proclama ao mundo enteiro co tradicional Aleluia.

Página web »


Fiesta introducida por:
Ayuntamiento

Comentarios sobre esta fiesta:




 

AVISO IMPORTANTE
La información de esta página es orientativa ya que nos es imposible contrastar los datos de todas las fiestas que recibimos. En caso de querer asistir a alguna fiesta recomendamos confirmar las fechas en la página web del ayuntamiento.
Inicio | Fiestas por fecha| Fiestas por población| Zona de Ayuntamientos| Zona de Negocios| Contacto | Aviso legal
© 2014 Portal Fiestas