FESTA DA COLLEITA DE SELA

Fiestas Patronales
11 a 12 de Octubre

Antigüidade, arraigo e tradición
A Festa da Colleita é una vella tradición que se remonta á década dos anos 70 do pasado seculo. Segundo os máis vellos da parroquia comezou no ano 1972 coa finalidade de ofrecer como agradecemento a Santa Isabel e San Martín os productos da colleita do outono.
Os participantes son veciños e veciñas da parroquia de Sela, que pouco a pouco, e co transcurso dos anos, foron sumando participantes de toda a vila de Arbo, doutros concellos limítrofes e do país veciño, Portugal.
A celebración xira en torno aos froitos propios da terra cultivados polos campesiños. Durante o oficio relixioso e a procesión, ocupan un lugar destacado as medas de palla, as espigas de millo e as cabazas colocadas nas paiozas, a augardente e outros licores propios, en clara alusión ao ambiente rural e tradicional que se pretende evocar. Durante toda a xornada un augardenteiro destila bagazo que ofrece aos visitantes, xunto con postres caseiros e viño novo, mentres desfrutamos do desfile de tractores, que substitúen aos carros de bois dos primeiros anos, adornados polos lugareños para facer un percorrido pola parroquia e dar así a benvida ao outono.
"A colleita" é un evento onde a veciñanza participa unida para amosar que Sela é unha parroquia singular, ao igual que a súa Festa, única en toda a comarca do Condado-Paradanta.



Imágenes del programa:

127283_1506929956_programa2017.jpg

Fiesta introducida por:
Ayuntamiento

Comentarios sobre esta fiesta:




 

AVISO IMPORTANTE
La información de esta página es orientativa ya que nos es imposible contrastar los datos de todas las fiestas que recibimos. En caso de querer asistir a alguna fiesta recomendamos confirmar las fechas en la página web del ayuntamiento.
Inicio | Fiestas por fecha| Fiestas por población| Zona de Ayuntamientos| Zona de Negocios| Contacto | Aviso legal
© 2014 Portal Fiestas